Opinión

Autoestima

“Que ninguén te desprece...” 

(Tito 2:15) 

Vivimos nunha época na que moitas persoas teñen problemas de autoestima. Temos máis cousas que nunca, pero a gran maioría da xente non é capaz de desfrutar da vida. Paulo escribe a Tito para explicarlle que a vida vai máis alá do que temos e do que outros poden dicer. 

    Moitas persoas viven escravizadas por diferentes motivos, poden ser adicións, circunstancias, materialismo, etc., porque as persoas son escravas daquilo que as domina. Paulo dinos que Deus ten o poder para transformar a vida para nos liberar. Ningunha cousa pode gobernar a nosa vida, nen o que temos nen o que non temos.

   Ás veces os nosos piores inimigos somos nós mesmos porque, cando rexeitamos ao noso Creador, rexeitamos a fonte da vida. Cando lemos esta carta vemos que, se Deus non desiste de nós, nós tampouco debemos facelo, porque El é o único que pode satisfacer o noso corazón, sempre.

Te puede interesar