Opinión

Bendizóns de Deus

“É o tempo de procurar a Deus”  (Oseas 10:12).

Oseas viviu nunha época na que a relación con Deus era todo apariencia: relixiosidade, solemnidade, ritualismo, etc, pero a xente vivía nunha degradación moral absoluta. Non existía a xustiza, as persoas non tiñan valor, a mentira era algo común e a vida en xeral non tiña nada que ver co que Deus pedía deles. 

Deus usa, por medio do profeta, unha imaxe extraordinaria na súa relación con eles: a infidelidade dentro dun matrimonio, a deslealtade que destrúe o amor e a confianza. Cando lemos este libro observamos unha historia de amor extraordinaria: Deus ensina por medio da propia conducta de Oseas que El nos ama sempre, sendo fiel a nós, a pesares da nosa infidelidade. 

Cando volvemos a Deus, non so disfrutamos de todo o que El é, senón que trae “chuvias de bendicións” sobre nós. O amor de Deus vai moito máis alá do que poidamos imaxinar: axuda, enche de paz, restaura, disciplina tamén pero cheo de misericordia, e non nos abandona nunca.

Hoxe é o tempo de procurar a Deus.

Te puede interesar