Opinión

Brillando con Deus

“A misericordia do Señor endexamais remata,
 nunca falla a súa fidelidade; é nova cada mañán” 
(Lamentacións 3:22-23)

Xeremías escribiu o libro de Lamentacións cando Xerusalém foi sitiada por Babilonia e a maioría dos seus habitantes foron levados ao desterro. A cidade quedou desolada e Xeremías chorou ao vela porque Deus tentou salvar o seu pobo unha e outra vez, pero eles non quixeron escoitalo.  

Aparentemente a situación non tiña remedio, pero as palabras do profeta falando do amor de Deus, que se renova na nosa vida cada mañán, son a fortaleza da nosa alma. 

Ás veces vivimos en situacións de desolación, tristeza e soedade, e sentímonos rodeados por preocupacións que non podemos resolver; neses momentos é cando debemos lembrar que a fidelidade de Deus é eterna. El non nos abandona, empeñou a súa palabra en facelo! Nos momentos mais oscuros da vida, sabemos que El brilla, a súa luz guíanos á restauración.

Hoxe é o día de volver a Deus: a súa fidelidade é a nosa seguridade. 

Te puede interesar