Opinión

Cen anos coa Biblia en Ourense

“Todo aquel que se pasa da raia e

non segue a Cristo non ten a Deus consigo”

(2 Xoán 1:9)

Non nos gusta que nos enganen. Tampouco nós deberíamos enganar aos demáis, pero ese é outro cantar; na vida cada un anda buscando as propias comenencias. Se nos adentramos no eido espiritual, atopámonos con ideas, seitas, relixións e centos de doutrinas diferentes… Moitos enganan os demáis, pero moitos outros tamén viven de calquera maneira aínda que din que cren en Deus.

Moitos outros nen se preocupan do que cren ou do que non cren.

Xoán fala na súa segunda carta dun xeito moi clariño en canto a todo isto no versiño de hoxe.

O exame que propón o apóstolo é bastante simple: se a nosa conduta non é boa e non estamos seguindo a Xesús, non importa o que digamos ou o ben que falemos, só estamos enganando e sendo enganados. Mellor parar e retomar o camiño.

Te puede interesar