Opinión

Construir ou destruir?

“Non choredes máis, porque a ledicia do Señor é a vosa forza” 

(Nehemías 8:10)

Todos sabemos que é moito máis doado destruir que construir. Destruir unha casa, calquera pode facelo; para construila precisamos un gran equipo de xente preparada. Nehemías escribe o seu libro para explicar como o pobo comenzou a reconstruir a cidade de Xerusalém, os seus muros, o templo…

 Como sempre, cando se trata de facer algo bo, sempre aparecen os especialistas en estorbar, aqueles que só queren destruir. Se lles facemos caso, o desánimo vai acabar por vencernos. Por iso Nehemías explica ao pobo que non hai que virse abaixo, nen chorar, nen renunciar ao traballo. “A lecidia do Señor é a vosa forza”, anuncia, e iso é moito máis que unha frase, porque Deus mesmo está ao noso carón en todos os momentos, sexan bos ou malos. El axúdanos a facer as cousas ben. Cando traballamos en equipo temos un lugar na historia; nesta vida paga máis a pena construir que destruir.

Te puede interesar