Opinión

É tempo de soñar

“Os vosos anciáns soñarán soños, 

os vosos mozos terán visións” 

(Xoel 2:28)

Xoel fala ao pobo nun momento da historia moi parecido ao que estamos a vivir agora: a maioría das persoas déranlle as costas a Deus. O Creador faláralles unha e outra vez a aqueles que teoricamente o amaban, pero non fixeron caso.  Cando xa non había outro remedio, Deus permitiu que a súa economía se viñera abaixo (chegaron as pragas e as desfeitas nas colleitas) e entón, si comezaron a orar e pedir axuda a Deus.

O amor de Deus é impresionante, porque aínda procurándoo a El cando xa non temos outro remedio, a súa resposta foi: “Axudareivos (…) Teredes moito que comer e louvaredes o nome do Señor”. A pesar de que o libro lembra o xuízo de Deus cando o rexeitamos, tamén nos relata que Deus mesmo é quen de restaurarnos cando volvemos a El. A pesar de térmonos alonxado del, segue a ofrecernos promesas de restauración. 

Todas as circunstancias que Deus permite na nosa vida teñen o obxectivo de que aprendamos a confiar nel. Calquera que sexa a situación pola que estamos a atravesar, a mensaxe do profeta segue en pé: Agora é o momento de volver ao Señor!

Te puede interesar