Opinión

Heroes

“Heroes” (1 Crónicas 16:31)

Nomes, familias, saber quen somos, de quen vimos sendo… todos queremos coñecer as nosas raíces e saber que estamos a facer na vida. O primeiro libro de Crónicas está cheo de nomes e familias para amosarnos que Deus nos coñece, que non importa onde vivamos ou a profesión que teñamos, sempre podemos ter os nosos nomes escritos no seu corazón. Do mesmo xeito que El coñecía a cada familia do seu pobo, coñécenos a nós.

Non se trata de que sexamos heroes tal como a modernidade ensina, senón que somos importantes por sermos nós mesmos. É certo que o noso Creador ama o mundo, pero esa verdade non debe facernos esquecer que tamén nos ama a cada un en particular. Non hai nada mellor que atopar o noso sentido na vida porque entón, aprendemos a ser verdadeiros heroes. Se nos aproximamos a Deus aprendemos que así é como El nos ve.

Te puede interesar