Opinión

Ledicia en todo tempo

“Estade sempre alegres no Señor. Repítovolo: estade alegres”

(Filipenses 4:4)

Ledicia desbordante, iso é o que reflicte a carta aos filipenses. Todos pensariamos que foi escrita nun momento pracenteiro, pero a verdade é que Paulo estaba na cadea, algún dos seus inimigos estaban a falar mal del, un dos seus amigos estaba moi enfermo e algunhas situacións estábanse a complicar sen remedio: e o apóstolo non podía facer nada.

Foi nese preciso momento que escribiu sobre a alegría, a paz, a tranquilidade, o pensamento positivo e todo aquilo que parecería contrario á súa situación. A razón? A alegría non vén das circunstancias, nin sequera dun mesmo. A alegría vén de Xesús. Paulo remata a carta dicindo que ten forzas para todo en Cristo que lle dá o poder. 

A cousa é que aprendemos a vivir dun xeito completamente diferente sexan cales sexan as circunstancias, porque con El nada pode vencernos.

Te puede interesar