Opinión

Libres

“Cristo liberounos para que vivamos en liberdade” 
(Gálatas 5:1)

Liberdade, aquilo polo que tantos loitaron e que moitos nos din que non ten prezo. A carta de Paulo aos gálatas é unha impresionante defensa da liberdade. Se algo nos domina, somos os seus escravos, sexa unha substancia, unha idea, unha relixión, unha circunstancia ou unha persoa. 

Paulo usa a linguaxe deportiva para explicar o que estaba sucedendo: “Corriades ben, quen vos estorbou para non seguir a verdade? A frase exacta é: quen se meteu na vosa rúa?. Quen vos estorbou?. Quen vos enganou?. Iso sucede cando lle facemos caso a calquera outra persoa e non a Xesús. Eles non querían renunciar ás súas tradicións e crenzas, sen querer comprender que non se trata de cumprir normas humanas, senón de confiar en Deus. Por iso Xesús dixo “Coñeceredes a verdade e faravos libres”.

Te puede interesar