Opinión

Mateo

Descanso, acougo, tranquilidade, alivio, paz no máis profundo da nosa alma…

Todos atravesamos situacións na nosa vida, na que dariamos calquera cousa por sentirnos así; sobre todo cando o mundo parece poñerse de costas a nós e non atopamos unha saída. Ás veces, por máis que pelexamos e nos esforzamos por conseguilo, máis tarde ou máis cedo todo se derruba.

Xamais debemos desesperarnos. Aínda que, aparentemente, todas as portas están pechadas, sempre podemos mirar cara a arriba.

No primeiro libro do Novo Testamento está rexistrada unha frase de Xesús que non deixa indiferente a ninguén:

“Achegádevos a min todos os que estades cansos e oprimidos, que eu vos aliviarei” (Mateo 11:28)

Nunca descansamos mellor que cando compartimos as nosas cargas. Moito máis se a persoa que nos axuda é quen de axudarnos en calquera situación, por moi difícil que pareza. Cando miramos a El decatámonos de que podemos aprender a descansar e quedar tranquilos.

Pase o que pase.

Te puede interesar