Opinión

Nada coma ser sabios…

“O meu froito é mellor co ouro” 

(Proverbios 8:19)


Do mesmo xeito que todos procuramos ter boa saúde, precisamos mediciña para a nosa alma. Diso trata o libro dos Proverbios: pequenas frases directas e sinxelas, reflectindo sabiduría a montóns; intelixencia para aplicar no noso día a día. 

Non importa o tema que esteamos a tratar, neste libro atoparemos alguna frase que vai a introducirse non só na nosa mente, senón tamén no noso corazón: amizade, familia, carácter, traballo, relación humanas, tempo, ledicia, pereza, placer, comportamiento, espiritualidade… todo ten un momento no libro dos Proverbios, explicado dun xeito práctico, cen por cen. Paga a pena lelo cada día. 

Mesmo no corazón do libro atopamos a clave para a sabiduría: “O respeto a Deus e o coñecemento del” (Proverbios 9:10). A nosa vida ten sentido cando poñemos a Deus no centro de todas as nosas motivacións, decisións e accións. Entón é cando realmente somos sabios en todo o que facemos.

Te puede interesar