Opinión

O poder do amor


“Mil torrentes non poden apagar o amor nen afogalo a riada. Se alguen quixese dar todo o haber da súa casa en pago do amor, ben sería escarnecido” 

(Cantar dos Cantares 8:7)

O Cantar é o libro do amor por excelencia. Salomón, o que fora rei de Israel e tivera setecentas mulleres e trescentas concubinas, comprende que nada é tan importante como o amor verdadeiro entre unha muller extraordinaria (a sulamita) e o seu namorado, un simple pastor. El, que tivo a oportunidad de ter o diñeiro, o poder, o placer e todo aquello que lle apetecía, está a escreber agora admirando e mesmo envexando o amor entre un simple pastor e a súa namorada. 

Por iso ninguén pode comprar o amor verdadeiro. A fidelidade é un dos segredos dese amor: Salomón recoñece que todo o que el conseguira e os centenares de mulleres coas que tiña estado, non se podían comparar cun so abrazo da persoa que amas e na que podes confiar. 

Ese amor extraordinario e fiel tamén é un reflexo do amor de Deus por nós. Xoán, o evanxelista nos dí que Xesús amounos ata o fin (Xoán 13:1); ata morrer nunha cruz por nós. Un amor así transforma a vida.

Te puede interesar