Opinión

O poder do perdón

“Se en algo te prexudicou ou algo che debe,

pono na miña conta”

(Filemón 1:18)

Filemón era un bo amigo de Paulo, que coñecera a Xesús por medio do apóstolo. Filemón tiña un servo que se chamaba Onésimo e parece que este fuxiu do seu traballo despois de roubar a Filemón. Anos máis tarde Onésimo escoitou a mensaxe do evanxeo por medio de Paulo e entregou a súa vida a Deus. Contoulle a Paulo o que fixera e quixo restaurar o seu pasado para ser perdoado. Cando Paulo lle comentou que el coñecía a Filemón, viu que todo era parte do plan de Deus.

Esa é a razón pola que Paulo escribe ao seu amigo Filemón e lle pide que perdoe a súa débeda e a poña ao seu cargo. As palabras do apóstolo son impresionantes: “Recíbeo non como a un servo, senón como a un irmán amado, especialmente para min, pero tamén para ti” (v. 16).

Porque quere restaurar a vida de Onésimo, estalle regalando unha segunda oportunidade. Deus vai mais alá, e regálanos máis oportunidades das que imaxinamos se somos quen de confiar nel. Diso se trata.

Te puede interesar