Opinión

O sufrimento

“Apértannos por todas partes, mais non nos esmagan; andamos en apuros, mais non desesperados; andamos perseguidos, pero non abandoados; derrúbannos, pero non nos rematan”  (2 Corintios 4:8)

Paulo escrebe a segunda carta aos Corintios espindo o seu corazón diante de todos. É unha das cartas máis tenras de todo o Novo Testamento. Cando a lemos, sentimos como Deus nos acompaña nos momentos máis difíciles da nosa vida e decatámonos de que El quere vivir día a día con nós.

O sufrimento está aí, e seguimos atopándonos en situacións que non comprendemos, pero non poden pasar por enriba de nós. Podemos estar apertados, en apuros ou perseguidos, pero xamais nos desesperamos. Paulo explica que todo cambia cando miramos cara a arriba, cando nos decatamos de que as cousas que non se ven son as que permanecen para sempre, mentres que as que nos causan dificultades, as materiais, teñen data de caducidade.

O segredo é o que Paulo explica unha e outra vez: cando vivimos confiando en Deus, a nosa vida non remata endexamais.

Te puede interesar