Opinión

Un obxectivo na vida…

“Entregárase de cheo a buscar a lei do Señor e poñela en práctica” 

(Esdras 7:10)


Esdras era un mestre que escribiu o seu libro cando o seu pobo atravesara un dos momentos máis difíciles da súa historia, pero despois de moitos anos puideron volver á súa terra. O autor, coma un bo mestre, xuntou todas as familias, tanto grandes como pequenos, e amosoulles o camiño que todos deberían tomar ao ler a palabra de Deus: 1. Estudiala/2. Practicala/3. Ensinala/4. Vivila.

Catro pasos moi sinxelos para que a nosa vida sexa transformada, porque ás veces coidamos que só con coñecer a Biblia está todo resolto. Non é así, temos que estudiala, practicala e vivila. A partires dese momento, a nosa vida pasa a ter unha trascendencia eterna. Porque non se trata do que coñecemos, senón a quen coñecemos. Trátase de vivir con Deus agora, e por toda a eternidade.

Te puede interesar