Opinión

O poder da información

“Por medio del fixéronse as cousas, as da terra e tamén as do ceo, as vistas cos ollos, as por eles non vistas (…). Antes ca todo está El, todo nel se cimenta aínda hoxe” (Colosenses 1:16)

O mundo móvese pola información. As persoas temos esa información dentro de nós, o noso código xenético. Sábese agora que as leis que gobernan o universo teñen en si mesmas a información necesaria para que todo funcione correctamente. O noso Creador fíxoo así. A carta aos colosenses explícanos que Xesús é a fonte desa información, porque El é a verdade personificada.

Paulo explica que Xesús non só é o Creador, senón tamén o Sustentador do universo. As leis mantéñense grazas a El. Mesmo lemos que a plenitude da deidade está nel; imposible de explicar por calquera relixión: Deus feito home. Pero iso non é todo; o apóstolo remata dicindo que nós podemos vivir completos nel tamén: se o temos a El, non necesitamos nada máis.

Te puede interesar