Opinión

Sabedoría radical

“A sabedoría que vén do ceo é pura e pacífica, sinxela, acolledora, chea de misericordia e de bos froitos, imparcial, sen finximento. O froito da xustiza seméntano coa paz os que van facendo a paz”

(Santiago 3:17)


Xacobe (ese é o nome orixinal, aínda que nós dicimos Santiago como derivado do latín) era un dos irmáns de Xesús, escribiu a carta que leva o seu nome, e é unha das cartas máis radicais en canto a como debe ser o noso xeito de vivir. Esa radicalidade exprésase sempre na procura da paz. Xacobe fala a favor dos máis desfavorecidos, os que non teñen nada, os estranxeiros, os desprezados, e dinos que debemos axudalos en todo. 

Fala tamén de que non podemos dicer que seguimos a Xesús se non vivimos tal como El viviu, se non somos sabios e falamos o que non debemos, se queremos viver ben sen preocuparnos dos demáis. É unha carta que hai que ler con tino e fixándose en cada frase. O mundo sería moi diferente se lle fixeramos máis caso.    

Te puede interesar