Opinión

O suposto poder da arrogancia

“Seducíute o orgullo dos teus propósitos” 

(Abdías 1:3)

Vivimos nunha sociedade que semella adorar á arrogancia e o orgullo. Abdías escribiu o seu libro para ensinarnos que esa sedución do poder, o control e o egoismo só nos leva á propia destrución, e a alonxarnos dos demais. 

 Algúns cren ser os donos do mundo, pero non será así por moito tempo. Todos os dictadores teñen os seus días contados. Cando lemos o libro de Abdías comprendemos que Deus ten a última palabra en todo, que ningunha inxustiza ten vida eterna, e que máis vale ser humildes e disfrutar do que é bo, que pretender pasar por enriba de todos crendo ser moi intelixentes. Se lle damos as costas a Deus, todo deixa de ter sentido.

 Moitos viven enganados pola sua propia soberbia: o seu falso sorriso chegará a ser un día un dos seus fiscais acusadores, e o mundo rirá cando sexan xulgados. Deus sempre cumple a súa palabra.

Te puede interesar