Opinión

Un Deus compasivo

“Sabía que Ti es un Deus compasivo e misericordioso, lento para a ira e rico en bondade, e que te arrepintes da amenaza” 

(Xonás 4:2)


Seguro que moitos escoitamos falar da historia de Xonás. O profeta foi enviado a falarlle a un dos maiores inimigos do seu pobo, e quiso fuxir porque sabía que se eles se arrepentían, Deus ía ofrecer o seu perdón, como así aconteceu. 

Xonás enfadouse con Deus, porque tiña claro que unha cousa é ser bo, e outra moi diferente é regalarlles o perdón a quen non o merece. O profeta comportouse coma nós, que moitas veces pensamos que somos mellores que os demais, e o noso orgullo fainos crer que temos dereito a ser queridos, admirados e louvados.

Este libro da Biblia é un dos máis fermosos, porque ao lelo, comprendemos que Deus é inmensamente bo; que o seu perdón está perto de todos aqueles que volven a El, sexan quen sexan. Nos convén a todos que sexa así.

Te puede interesar