Opinión

Un poema

“Somos un poema de Deus, 
creados en Xesús para facermos o ben” 
(Efesios 2:10)

Quen son? Por que estou aquí? Cal é a razón de todo? Esas son preguntas que todos nos facemos alguna vez na nosa vida. Paulo escribe aos efesios e dilles que somos un poema de Deus. A nosa vida ten sentido ao recordar que o Poeta Eterno fíxonos co propósito non só de vivir desfrutando con El, senón tamén de facer o ben a todos.

A frase que máis se repite nesta carta é: “en Cristo”, porque podemos ter todo nel, non só nesta vida, senón tamén unha herdanza eterna. A vida en Cristo non remata endexamais. Nel podemos ter todo e ser herdeiros de todo o universo. Iso non pode compararse con nada. 

No remate da carta atopamos que Deus vive con nós no día a día, na familia, no traballo, nas relación coas demais persoas, no futuro… necesitamos aprender a vivir e desfrutar con Xesús, porque nel témolo todo. 

Te puede interesar