Opinión

Unha vida impresionante

“Quen sabe se para un momento coma este 

chegaches a ser raíña?” 

(Ester 4:14)

O libro de Ester narra a historia de unha muller orfa, que foi levada ao cativerio nunha cidade inimiga, pero chegou a ser a persoa clave para salvar a vida do seu pobo. Estando na súa situación, moitos poderían amargarse pensando que a súa vida non tiña sentido, pero ela seguiu confiando en Deus até chegar a ser raíña en terras inimigas. Nese momento, tomou decisións cheas de valentía, coas que pasou á historia como a liberadora do pobo de Israel. 

Cando nos poñemos nas mans de Deus, a nosa vida sempre ten valor. Cada día é diferente porque podemos transformar o noso pequeno mundo dun xeito que nen imaxinamos. Nós facemos o noso traballo da mellor maneira posible, no lugar onde estamos. Axudamos os demais e seguimos adiante, aínda que, ás veces, teñamos que pasar dificultades. Dos demais detalles, encárgase o noso Creador.

Te puede interesar