Opinión

Xusticia social

“Xa se che explicou o que é bo e o que pide Deus de ti: practicala xustiza, amala fidelidade e ser humilde ante Deus”

(Miqueas 6:8)

Miqueas era un campesiño ao que Deus chamou para falar diante de reis, poderosos e sacerdotes do pobo. Calquera de nós tería sentido unha presión extraordinaria, pero este mozo foi quen de proclamar todo o que Deus tiña que dicir ao pobo.  

Naqueles días, todos vivían lonxe de Deus, comenzando polos propios dirixentes, de tal xeito que maltrataban os pobres, roubaban a todos e perseguían á xente en nome de Deus. Esa é a razón pola que o Creador lles explica que deixen de falar del e comencen a facer ben a todos. 

 Os desprezados, os orfos, as viuvas, os estranxeiros, os que non teñen recursos, etc, non só son amados por Deus, senón que El mesmo os defende. Xa que somos cristiáns e ciudadáns dos ceos, temos que facer o ben para que esta terra sexa o máis xusta posible.

Te puede interesar