Opinión

Couto Mixto, unha República Autónoma

Broto, capital dun dos val transversais dos Perineos, pertecente á provincia de Huesca, atópase situado nun dos vales cercanos ao sistema pirenaico. Os seus habitantes presumen de haber sido, pouco máis ou menos, que unha república con goberno propio, grazas aos privilexios concedidos, a partir del século XIII, polos reis de Aragón á Junta del Valle, a cambio de que esta encargarase de controlar a veciña fronteira con Francia ademais de custodiar a ruta que atravesaba por San Nicolás de Barajuelo. 

Dentro dos grandes amores que garda celosamente no interior do corazón do campesiño galego, sen dúbida, o mais sobresaínte o constitúe o terno afecto polo seu agro e mais a súa casa natal. No desexo de acrecentar a súa propiedade así como defensa da independencia, dende sempre, estivo presente na maxina do labrego a tentación de suplir as deficiencias e omisións das leis establecidas adecuándoas ás súas necesidades reais formando, creando ou xerando o denominado “Dereito consuetudinario”, non recoñecido a efectos legais polo corpo do Dereito Nacional, salvo en contadas ocasións. 

Iniciamos este cativo pero interesante estudio dun status social pouco coñecido en Galicia; me estou a referir concretamente o denominado Coto Mixto, República Mixta, Autónoma ou en portugués Couto Mixto, que tivo o súa vixencia nas altas terras de Calvos de Randín e Baltar. 

Repasando polo miúdo a documentada Historia del Coto Mixto, publicado por don Delfín Modesto Brandón, derradeiro ex xuíz civil e gobernativo do devandito coto, no ano 1907, impreso en Terra Galega, na Coruña, no ano 1907, a describe como un antigo territorio asentado nos actuais concellos veciños de Calvos de Randín e Baltar representados polos pobos de: Rubiás dos Mixtos, As Maus e Pena este último, na actualidade, descoñecido, todos eles situados na provincia de Ourense e Tras os Montes, limítrofe co partido xudicial de Montealegre, pertencente ao noso veciño pais portugués, que ocupa unha superficie aproximada duns 27 quilómetros cadrados. Foi este un territorio libre de nacionalidade dado que cada veciño elexía libremente a súa nacionalidade, ben sexa española ou portuguesa, ao non estar ligado o territorio á xurisdición de ningunha das dúas coroas. Os que desexaban ser portugueses gravaban a letra P por riba da porta de entrada a súa vivenda, namentres cos galegos o facían cá G. Así persistiu este estado ata os anos comprendidos entre 1842- 43, nos que decidiuse por acordo entre ambos países a supresión de tal interesante costume. Tamén segundo Vicente Risco e Pascual Mandoz podería acontecer que na mesma casa, en distintas habitacións ou plantas, coexistían ambas nacionalidades. Ao longo da súa historia o Coto gozou dunha identidade propia no tocante a súa organización xurídica como institución popular, con dereitos e prerrogativas dende tempos pasados, privilexios recoñecidos por ambos estados, inexistentes en outros lugares fronteirizos, ata a súa eliminación definitiva no ano transcurso do ano 1868.

Non se coñecen, polo momento, documentos fidedignos que acrediten a orixe desta vedraña institución. Únicamente existe a sospeita de que o Coto naceu vencellado co castelo de Piconha, vinculado no seu tempo á poderosa casa lusitana de Bragança durante a Idade Media. Numerosos eran os privilexios e exencións con que contaba o citado Couto destacando, entre outros, o de non aportar soldados ao exército; contar con asilo para os fuxidos da xustiza de ambos países; liberdade para certos cultivos como o tabaco, uso de papel selado, así como libre comercio da sal e especies, ademais da exección de diversos trabucos. Para poder exercitar libremente estes dereitos comerciais dispuñan dun camiño, recentemente rehabilitado, que unía o coto ca cercana vila portuguesa de Touren, a traveso das terras do Concello de Randín, nun percorrido de seis quilómetros, nos que os portadores de mercancía non podían ser molestados polos representades tanto das autoridades españolas como portuguesas.

Todo este réxime excepcional desapareceu pola a anexión a España con ocasión do deslinde de fronteiras co veciño estado, entre os anos 1865 e 1866. O xuíz do Coto era nomeado polo rei de Portugal ata o 1836, ano no que se desentendeu desta misión recollendo o testiño os propios veciños, co designaban por un tempo dun trienio adxudicándollo á persoa máis destacada do lugar. 

A documentación xerada gardábase nunha arca pechada con tres chaves. Actualmente a “Asociación de Amigos do Coto Mixto” é a encargada da súa custodia celoamente conservada no interior da igrexa de Santiago de Rubiás, sendo soamente aberta durante a solemne cerimonia do investimento dos novos tres xuíces honorarios do Couto Mixto, que celébrase anualmente o primeiro fin de semana do mes de xullo.

Te puede interesar