Opinión

A cidade de Jerusalém

E cando chegou perto da cidade, ao vela, chorou sobre ella. 

(Lucas 19:41)


Falábamos a semana pasada dunha ocasión na que Xesús chorou. Hoxe veremos que cando chega a Jerusalém, tamén chora pola cidade. Toda a cidade (era a cidade do Rei) representa o pobo de Israel. Que apedraba aos profetas e vivía ás costas de Deus. Noutro exemplo fermoso Xesús di: ...cantas veces quixen xuntar os teus fillos, como a pita os seus poliños debaixo das ás, e non me deixaches. (Mateo 23:37), polo que podemos ver nas bágoas de Xesús, o sufrimento por todas as consecuencias que viñan sobre Jerusalém e Israel. Non deixaron pedra sobre pedra, e a “Cidade de Paz” ( esto é Jerusalém) ainda non pasou por todo o que os profetas contaron que ha acontecer.

A condición humana de Xesús garante que poidamos confiar nel, pois como home sentiu e viviu moito máis do que nós poidamos sofrir e vivir. 

Te puede interesar