Opinión

O descanso

Deiteime e durmín e espertei 

porque o Señor me sustentou.

 Salmos 3:5


Cada día que pasa está cheo de retos, problemas e proxectos. Cando chega a noite, todos precisamos dun bo descanso. Porén non sabemos se despois do sono, imos espertar con novas forzas. Para o salmista o trinomio deitarse-durmir-espertar está determinado por Deus. Cantas persoas hai que non teñen onde se deitar? Entre eles Xesús, que non tiña lugar para reclinar a cabeza ( Mateo 8:20).

Pero ademáis do bo descanso físico está o descanso espiritual. Cando Deus sustenta as persoas, as forzas son renovadas nel, que ten todo o poder para facelo. Iso fai que lembremos o texto do profeta Isaías, cando no capítulo 40 e versiño 30 pon como exemplo aos xovens, que na súa vitalidade, tamén se cansan e os que esperan no Señor renovarán súas forzas “ correrán e non se han cansar, camiñarán e non se han fatigar”.

Te puede interesar