Opinión

O BOTÁNICO DO MONTEALEGRE

O día 5 de maio de 2009, La Región publicaba un artigo que titulaba 'O termalismo de Marta Arribas', xustificando o duro que pode chegar a ser que os teus ollen para outro lado cando tes deixado parte da túa vida adicándoa aos demáis. Lémbrolles que lles contaba que Marta Arribas non ocupaba o seu tempo en sair nas fotos dos xornais e non facer nada de nada, senon en traballar a reo pola concellería de termalismo, da que era titular. A día de hoxe todo parece mudar de súpeto porque Arribas é concelleira agora de Medio Ambiente, e noticia todos os días por un Montealegre abadonado e tristemente fechado, fruto da súa falta de vontade de continuar un proxecto estrela para o Concello de Ourense, denominado Botánico de Montealegre.


Cando o anterior concelleiro de Medio Ambiente, Demetrio Espinosa, tomou a iniciativa deste asunto, a Xunta de Governo do Concello de Ourense, da que formaba parte Arribas, aprobou o proxecto sen ningunha obxeción, posto que os técnicos diron o seu visto e prace, considerando a ideonidade da idea de Demetrio. Resulta curioso que os mesmos técnicos que no seu día viron todo claro, que seguen asesorando a Marta Arribas en Medio Ambiente, agora digan o contrario, ou é máis ben que Marta Arribas quere acabar co Botánico para crear o seu xardín, ou parque, ou o que sexa e así ter un protagonismo especial? Quen sabe.


Pero aínda hai máis. Cando a concelleira recebeu a obra do Botánico, por que razón non enviou ás brigadas de Medio Ambiente a que mantiveran as instalacións e o recinto? Se polo contrario non recebeu a obra, por que non chamou á empresa ou velou para que todo continuase ao ritmo que estaba previsto? Tres meses deixou pasar sen mover un so dedo, e iso implica unha grave neglixencia no seu cargo. Imaxinen vostedes que ninguén se ocupara no mantemento da Alameda durante tres meses. Seguro que sería semellante ao estado que sofre agora o Montealegre. Con todo, a falta de verdade aflora nas propias palabras de Marta Arribas cando afirma que faltan por realizar 'elementos que están contemplados no proxecto', sendo éstos elementos singulares que no seu día se compatibilizaron coas visitas públicas. En fin, para alarmarnos xa chega o PP, decindo que todo esto foi un timo. Esquecen que cando o bipartito chegou ao governo tiveron que legazilar as termas abertas e inauguradas por eles anos atrás. Eso sí que nos puido haber traído consecuencias nefastas e non a situación actual do Montealegre, que pode ser reconducida con éxito. Pero hai que ter paciencia e esperar que Marta Arribas volva en sí, na que sempre coñecimos e defendimos. Por iso non me atrevo a pedir a súa demisión; eso sí, moitos esperamos que se non muda a súa actitude siga adiante até a Consellería de Cultura da Xunta de Galiza. Quen sabe se sería quen de derrubar a Cidade da Cultura para volver a facela no mesmo lugar, tal e como leva camiño de fazer co Botánico de Montealegre.

Te puede interesar