Opinión

Catalunya mes que mai

A actualidade volve governar as miñas preferenzas temáticas nos artigos de opinión. E no deixan de ser opinións, máis
ou menos acertadas, as que reflicten a realidade que estamos a vivir no noso país. Nen a crise económica capitaneada polo paro e os recortes, nen a tráxica fuxida dos que escapan da guerra en Siria foi quen de tapar ou frear a tendencia indepedentista en Catalunya. Entre todos os acontecementos, o referéndum de Escocia foi un respiro profundo
e incerto, xa que non resultou disuasorio como algúns pensaban. Pero serviu de placebo. Parecía que no verao as cousas ían un pouquiño mellor para o nacionalismo español. Si. Non se falaba tanto coma antes dun Mas fracasado
nun referéndum pantasma. Porque, queiramos ou non, foi o nacionalismo español o que creou independentistas
en Catalunya. Se vostedes prefiren chamarlle centralismo radical, tamén me vale; en todo caso Catalunya foi desprezada e non tivo o espazo que merece dentro do Estado español.

Por iso o leviatán resucitou con forza das cinzas. Mal lles pese a moitos, Catalunya é unha nazón. Revisen os entendidos o concepto de nazón e o protagonismo clave que é a lingua. Poren Catalunya non é un Estado. A precaución do governo de alonxar a posibilidade de que a nazón Catalana se convertise en Estado (xa que o paso pode estar a un tiro de pedra para un independentista), fixo que os erros que se cometeron chegaran a enfrentar a moitos dos catalás que o que querían era vivir sen sobresaltos innecesarios. Neste caso a profilaxis foi peor que enfrentarse á posterior
realidade. Con todo, para chegar a estas e outras conclusións hai que vivir o día a día en Catalunya e coñecela. Na diada deste ano botei en falla as contramanifestacións do sector que non é independentista.

Moitos balcóns lucían bandeiras españolas e foron respetadas. Nen chegaron a ser insultados os que as portaban. Catalunya é un pobo maravilloso, respetuoso e pacífico. A fractura social da que moitos falan non se traduce en tensións e enfrontamentos na rúa, senón que é un termo creado "ex profeso" para separar os que votan independencia ou non.

Finalmente hai algo que chama moito a atención. A loita polas ideas e as maiorías a favor da independencia. A lembranza daqueles que sementaron as súas vidas pola preservación da lingua catalá ou a historia negada durante o tempo do
ditador. E todo iso prégase ante a realidade de
que Europa fará o que teña que facer e os Mas de
turno serán copias falsas dos Tsipras de Grecia.
Aínda que cheguen a ter a maioría de escanos
que soñan, non poderán materializar o Estado
ao que aspiran. Xa o saben. Os tempos da liberacion
do Estado remataron nun mundo global,
imparabel. Aínda así o conxunto de España sairía
reforzada se o recoñecemento das singularidades
de Catalunya chegaran recuperarse. E iso non
se traduce en máis competencias autonómicas (
que poucas lle faltan), senon en unha tregua en
ataques á identidade e á lingua catalana. O título,
“Catalunya mes que mai” (Cataluña más que
nunca), quere expresar que ademais dos catalás,
hai moitos españoles, galegos ou vascos que non
podemos deixar de amar esa nazón que forma
parte de nós. Será que nós tamén seguimos sufrindo
como nazón.
CATALUNYA
MES QUE MAI
JOSÉ LUIS FERNÁNDEZ DÍAZ
Profesor
JOSÉ PAZ

Te puede interesar