Opinión

O erro de Aurea Soto

Chegou ao Concello de Ourense da man de Francisco Rodríguez no ano 2007. Despois de moitos anos de governos conservadores, os socialistas chegaban ao poder municipal por un deses rebotes de última hora, potenciado pola división interna dos outros. Chegaban cunha maleta de ideas frescas e topáronse cunha chea de tarefas pendentes de difícil resolución. Entre todas, a Concellería de Urbanismo prometía ser a máis complexa do paquete, e nesas seguimos, trasladando á xustiza o que non saben resolver nas comisións ou nos plenos, ben por falta de consenso ou polo querer dalgúns, de destacar ante os cidadáns como os que porán orde e transparencia. A dinámica de governar sempre os mesmos, non é sempre ben asumida cando se perden as eleccións, por iso só quedan as alternativas do pataleo nas manifestacións, de agardar catro anos no peor dos casos, e de acudir á xustiza por se acaso aparece algún defecto de forma no procedemento concursal.

Aurea Soto asentou as bases legais do Urbanismo na nosa cidade e dignificou o governo municipal cando os cidadans sufríamos en silenzo a xa esquecida Tenencia de Alcaldía. Lembro con precisión as palabras que na campaña das municipais do 2011, o alcalde máis querido dos últimos tempos, Paco Rodríguez, incluía en todos os seus discursos afirmando que “os especuladores, con Aurea Soto, xa non existen nesta cidade”. Polo visto das políticas de Urbanismo de Aurea, quixo acabar con eles, pero non pudo. E neso está o erro da concelleira cesada. Se esquecera pensar no tanto por cento que os promotores teñen que deixar para a cidade, xa estaba. Era tan sinxelo como pensar en promocionarse a sí mesma e aferrarse a un posto público, ou aproveitar a facer unha boa carteira de clientes para un futuro. Cando coincidín con ela nun congreso ao que fun convidado, atrevinme a falarlle dun tema que me preocupaba. A súa expresión tímida formulou unha resposta técnicamente perfecta pero políticamente perigosa. Na resolución do problema, con notable expontaneidade e soltura, sentín que a verdade (que era dura), non era propio dun político; que o seu papel sería asegurar que miraría o problema con calma, e lle daría unha solución nun corto prazo de tempo. O erro de Aurea fora contar a verdade e non dar falsas esperanzas.

Por todo esto quero darlle as grazas. Aínda existen políticos aos que lles custa diñeiro o poder e a administración pública, pois a súa xenerosidade non entende de retrancas e réditos electorais. Aurea Soto vai ser unha pioneira na defensa do espazo público dos ourensans, e os que pensan que gañaron a loita, lembren que aínda non rematou. Até sempre concelleira.

Te puede interesar