Opinión

Facendo amigos

Este ano comeza cheo de tantas incógnitas que non abondan o numero de ecuacións para poder resolver os misterios que agachan. A resaca de catro anos de maioría absoluta provocou que a suposta desfeita do governo de ZP ficase nunha desas anedotas que teñen os ex presidentes para contarlle aos románticos que asisten ás súas conferencias. O Partido Popular, despois de prometerlle aos cidadáns traballo de calidade, conseguiu que o noso país volvese á situación de esclavitude doutros tempos, que moitos anunciaron no seu día e que outros tantos non daban crédito delo. Ao longo destes anos, os cidadáns observaron con paciencia como se lles prometía unha cousa e acontecía a contraria. E o resultado foi o castigo nas eleccións, coa chegada doutros partidos que poden alcanzar o poder.

Unha das virtudes que quixera topar na maioría das persoas é a capacidade de esperar. Saber gardar os tempos, en política, resulta tan importante como ter ese carisma de liderazgo, que hoxe semella estar en precario. Pero hai outros factores que non podemos esquecer, e nesas estamos, agardando como forman un governo policromado nunca visto en España. Cando noutros países sobran as razóns para xuntarse e fazer o mellor para os cidadáns, exercendo unha democracia que está avalada por decenas de anos, no noso non acreditamos que varios se xunten para governar. Até chegamos a afirmar sen poñernos rubios, que iso non é democracia, negando que a suma dos votos non supera á lista máis votada. Os tópicos dalgúns que simplifican os problemas afirmando que uns reparten de máis, e outros gardan para os amigos, ten os días contados na pluralidade que emana dos sufraxios. Porén esta situación non é nova en todo Estado.

Xa hai moitos anos que en Euskadi se decataron de que se un bó concelleiro militaba noutro partido, esto non debera ser impedimento para formar parte activa do governo municipal. Este é un exemplo que me ten chamado moito a atención. Sen embargo non quero entender como se fan amigos con lealtade cara quen pretende presidir o executivo. Toda lealdade leva implícito dous aspectos importantes: ceder en moitas aspiracións e recibir explicacións do presidente sobre o quen se deposita a lealdade. Quizáis a primeira parte sexa de difícil resolución, pero a segunda non lla desexo a ninguén. A razón é que non houbo ningún presidente que se expresara con claridade ante os cidadáns, a día de hoxe, e sen un diálogo sinceiro mal pode sosterse un governo multicolor.

Finalmente non esquezo a situación en Catalunya. Esa liña vermella xa non é tan grosa como cando era "Mas" grosa. Todo semella que chegarán ao acordo económico que os discrimina de Navarra ou de Euskadi, e que non lles importa tanto a independencia virtual dos soños de grandeza, como o día a día de manter a súa lingua e a súa identidade como nazón.

Te puede interesar