Opinión

A FILATELIA NA NOSA CIDADE

Como cada ano, polo San Martiño, a asociación Miño abre as súas portas a todos aqueles interesados, aficionados e curiosos que se queren achegar as posibilidades que a filatelia poder ofertar; porque estamos a falar de algo moito máis amplo que coleccionar selos. Desde o punto de vista educativo, podemos afirmar que empregando os selos abarcamos moitos dos contidos que a miudo queremos impartir nas aulas. Un exemplo é tomar unha temática concreta e ubicala no seu entorno social e cultural, facendo comparacións con outros países que tamén a compartan. A manipulación dos selos e o seu tratamento para unha correcta presentación, axúdanos a incluir moitos datos curiosos que nun principio, e case sen querelo, poden pasar desapercibidos. Por outra parte, o grado de aceptación dos alumnos a este tipo de actividades é sempre moi positivo, por novedosa e innovadora, a pesar de que os selos estén presentes entre nós desde hai máis dun seculo.


O primeiro selo en España data de 1850 e desde aquelas, case todos tivemos un periodo de gardar os selos que chegaban a casa. Sobre todo no noso país galego, que temos a sona de ter familiares espallados por todo o planeta. Con todo, a necesidade de pertencer a unha sociedade filatélica, como a que temos en Ourense, a asociación Miño, é determinante para ter unha orientación axeitada á hora de conservar e disfrutar dos selos coleccionados durante moitos anos, e que sobreviven nunha caixa de puros, no mellor dos casos. Porque, contrariamente ao que se pensa, a filatelia non é un xénero exclusivo do coleccionista de élite, para o que o dispendio económico é exponencial. Os integrantes veteranos da sociedade Miño, cheos de xenerosidade e amabilidade, teñen ideas e técnicas válidas para calquera coleccionista con interés, sexan cales sexan as súas posibilidades de invertir en filatelia. Resulta sorprendente cantas historias e curiosidades surxen arredor dos selos, moedas ou vitolas, por iso a asociación tamén se achega á numismática (colección de moedas) e á vitolfilia (colección de vitolas de puros). Una boa oportunidade para achegarse ao Liceo de Ourense, onde cada domingo están dispostos a resolver todas as nosas dúbidas aos que somos aínda e por algún tempo neófitos.

Te puede interesar