Opinión

O FIN DO CURSO

Parece lóxico que cando nestas datas falamos de curso, a maioría pensamos no curso académico; e diso intento falar hoxe. Pero a razón desta introducción está vinculada ao desexo do remate dun ciclo infernal que non deixa de atacarnos e de influir de xeito directo na labor docente (en todos os niveis). Estou a falar da voráxime dos mercados, dos rescates ás economías débiles e dos reforzos financieiros que até o día de onte eran continxentes, e dicer, innecesarios, pero que en poucas horas semellan ser a táboa salvadora dun cambio de ciclo nun fin dun curso de declive sen precedentes. E a realidade coincide coa actualidade. Os recortes que se acometen nas liñas vermellas da nosa sociedade, sanidade e educación, son resultado de políticas globais que non entenden da atención personalizada que os doentes atenden e os alumnos precisan.


Nestes últimos 20 anos, o cambio social resulta tan vertixinoso como os avances tecnolóxicos na segunda metade do século pasado. A atención á diversidade incrementouse dun xeito significativo e non estou seguro se os pais eran conscientes deste feito, ou é agora cando se decatan da dedicación vocacional da inmensa maioría das mestras e mestres neste área. Do mesmo xeito fago esforzos por entender o interés que teñen algúns en destacar as altas capacidades nos seus fillos (nenas e nenos sobredotados), descoñecendo que dito estado pode ser todo un problema cando é ficticio. Lembro hai 15 anos un caso que creín debera ser motivo de diagnose por parte dun equipo de especialistas, e descubrín que na casa xa estaban a estudar o curso seguinte para intentar lograr que pasara os test de intelixencia coa máxima nota. Se observan un chisco todos vostedes, verán que existen demasiados casos de sobredorado por quilómetro cadrado. Pero iso é outra historia da que fica aberto o debate para quen queira dicer algo.


Preocúpame bastante máis aqueles que pertencen a unha diversidade diferente. Estou a refererirme a todos aqueles que precisan desa atención persoalizada porque as súas capacidades son escasas, ou están limitadas. Cando neste curso os equipos de orientación fixeron máis do que estaba da súa mao para poder atender a todos os nenos e nenas de pedagoxía terapéutica, ou de audición e linguaxe, non pensaron noutra cousa máis que nas necesidades existentes. Para eles o final de curso non é máis cun pesadelo, pensando o que lles agarda o próximo mes de setembro se esto non muda. E trazas non ten de moito cambio. Con todo quero lanzar unha mensaxe de optimismo ao conxunto do profesorado, porque, coma sempre aconteceu, as novas xeracións están nas nosas maos. Nas maos duns mestres máis preparados que nunca, onde as diferencias formativas cada vez son menores respeito a outros corpos docentes (a maioría dos mestres son licenciados nunha ou outra materia: Pedagoxía, Psicopedagoxía, Psicoloxía, Bioloxía, Idiomas, Periodismo... etc.), e seguen asumindo o seu traballo coma un oleiro, dando forma a eses nenos que o día de mañán lembrarán con morriña este o outros moitos fins de curso. Para todos eles, a miña sinceira homenaxe.

Te puede interesar