Opinión

'NACER DE NOVO': UNHA INICIATIVA OURENSANA

Aconteceu en Ourense que un rapaz novo duns 27 anos, licenciado en Pedagoxía, quixo botar a andar un programa na Televisión de Galicia. Con moita ilusión, cun equipo competente e sobre todo coa finalidade de promocionar, divulgar a mensaxe, lectura e coñecemento da Biblia, a nova lexislación, froito do novo periodo democrático, daba cobertura dabondo para acadar este fin.


Co apoio de todas as denominacións protestantes unidas baixo o mesmo obxectivo, cun apoio económico de carácter privado, Jaime Fernández Garrido asina en 1987 un acordo polo que as igrexas protestantes galegas gozarán, en igualdade de condicións con outras confesións relixiosas, dun espazo de 15 minutos na TVG, para a súa libre disposición.


Esto acontecía hai 25 anos e, ao longo de tanto tempo, con máis de 1.300 programas emitidos, a satisfacción de poder continuar ofrecendo cada martes e domingo un Novo Testamento gratis, leva ao equipo directivo a facer unha valoración moi positiva do traballo feito. Por iso, este sábado día 28 de xaneiro haberá unha celebración especial no Palacio de Congresos en San Lázaro (Santiago), onde teremos a oportunidade de escoitar participacións musicais de Marcos Vidal e Alex Sanpedro, entre outros. Tamén haberá pezas curtas de teatro e unha escolma de imáxenes curiosas das grabacións destes anos. A entrada está aberta a todo aquel que queira asistir.


Dente xeito poderase comprobar que as Boas Novas da mensaxe de Xesús están presentes en cada verso, en cada obra de teatro e en cada cantiga dos artistas convidados. Esta será unha boa oportunidade para coñecer a moita xente que traballa na TVG, diante e detrás das cámaras, e que de xeito desinteresado, invirten o seu tempo en que a mensaxe do Evanxeo sexa difundido. Porque a Biblia segue a ser universal e non é patrimonio de ningunha relixión, denominación ou grupo; nela está a mensaxe do Evanxeo.


Por todo isto, os meus parabens aos organizadores e os mellores desexos para que cumplan moitos anos máis en antena.

Te puede interesar