Opinión

A SELVA ESMERALDA DO IRIXO

Resulta interesante o debate que está fervendo no asunto do medio ambiente. E quero desta vez comezar polo final. Para iso empregarei un razoamento moi usado en matemáticas, chamado 'reducción ao absurdo'. En poucas palabras, trátase de supoñer algo e chegar ao convencemento de que é unha barbaridade o que supuxen, sendo o concepto contrario ao suposto o verdadeiro. Supoñamos que o Irixo xa ten a planta incineradora de residuos. Como consecuencia inmediata, a creación de postos de traballo, directos e indirectos, medra de xeito exponencial. O incremento da riqueza do pobo é patente e as posibilidades dos xóvenes son maiores que antes. A escola pública enche as súas aulas de nenos de infantil e primaria e as vías de comunicación melloran xa que o concello incentiva a ocupación de vivendas sociais no seu entorno. Pasados uns anos, a contaminación comeza a invadir o medio ambiente, e as enfermidades antes inexistentes, afectan á poboación sistemáticamente. As xentes comezan a deixar o Irixo e as familias lamentan que a planta incineradora, antes moi boa, deixe todo feito un desastre ecolóxico debido ao impacto medioambiental causado. Concluimos, por tanto, que o susposto de facer unha incineradora no Irixo sería un absurdo.


Como ben avisei, comezei por un final ficticio e incerto. Esa misma incertidume que me comunican a maioría das persoas coas que falo, e que non teñen claro o si ou o non, ainda que se manifesten polas rúas, por se acaso... Por esa razón, a mente da mil voltas, coma as decisións dalgúns políticos, e lembro a historia do filme titulado 'A selva esmeralda', na que o director John Boorman conta a historia dun inxenieiro que fai unha prensa na selva do Amazonas. Na mesma que hai uns días apareceu unha desas tribus perdidas nas árbores que aínda non talaran. O relato continúa co secuestro do seu fillo pequeño que, resumindo moito, aparece despois de 10 anos. Cando aparece o fillo, xa non era o mesmo, e consciente da súa nova vida 'natural', decátase de que a presa está a desfacer o ecosistema primario co que se atopara ao chegar. Non vou relatar o final do acontecido, pero o que si gostaría é que non se magnificase as consecuencias do non coñecido.


Hai moitas referencias a outras plantas de residuos e o resultado non está en función dos beneficios obtidos, ou dos postos de traballos creados. Polo mesmo razoamento podiamos eliminar os teléfonos móviles, as minicentrais hidroeléctricas, os sistemas wifi ou mesmo voltar ás pizarras para suprimir as celulosas que para facer papel cortan árbores a esgalla. A conxunción do 'progreso' e a natureza parece estar en entredito e aínda non temos resoltos moitos dos problemas que acontecen a diario. Parece ser que mirar para outro lado é unha boa forma de facer que o tempo pase, e claro está que eso cura.


Con todo, e para intentar deixar un pequeño sorriso nun tema tan serio, non podo deixar de recordar as palabras dun alcalde que quería levar para o seu pobo unha celulosa decindo 'sería unha bendición...'. Neste caso, nada que ver.

Te puede interesar