Afonso Vázquez-Monxardín
Estramadura, e a decisión do PSOE
Estes días de confinamento forzoso relía un artigo titulado “La ciudad y As Burgas: las fuentes termales en la historia del urbanismo”, autoría da arquitecta Elvira Carregado Pazos. Forma parte do libro “Aqva, Divi, Vrbs: Agua, Dioses y Ciudad”, que editou a Deputación de Ourense en 2016 e coordinamos eu mesmo e o tamén arqueólogo Celso Rodríguez Cao. No artigo, Carregado trata o significado e atención patrimonial deste importante espazo da cidade na historia do planeamento urbanístico. Noutras palabras, ofrece a súa interpretación sobre como os ourensáns tratamos este lugar tan emblemático nos variados plans de ordenación urbana. Pero esta non é agora a cuestión que queremos tratar. O caso é que o citado artigo recolle os detalles da remodelación da explanada das Burgas realizada nos inicios da década de 1990 polo arquitecto Xosé Manuel Casabella, a que agora vostedes coñecen e antes da construción da piscina termal de César Portela.
O proxecto de reforma deste importante entorno foi adxudicado por unanimidade ao Dr. Arquitecto Casabella o ano 1986, por un xurado presidido polo alcalde de Ourense, que entón era Antonio Caride-Tabarés Castro, xunto con varias persoas de recoñecido prestixio, como Olga Gallego Domínguez, Xoaquín Lorenzo Fernández -Xocas-, Anselmo López Morais e Segundo Alvarado Blanco, que daquela tamén era enxeñeiro municipal. Os membros do tribunal propoñían engadir algúns elementos para embelecer o entorno, entre eles, unha reprodución da famosa ara de Calpurnia Abana Aeboso, descuberta nunhas demolicións moi próximas das fontes o ano 1802, un mural de Antonio Failde creado para o Pavillón de Ourense do Recinto Ferial da Casa de Campo de Madrid -hoxe situado nos xardíns dos Remedios- e resituar a imaxe da Virxen do Posío, agora baixo á advocación da Virxe do Carmo, nunha furna do muro do colexio San José, as “Josefinas”. Finalmente a escultura de Faílde non se trasladou para As Burgas, e o autor do proxecto da reforma, Casabella, lle encarga unha nova escultura a Acisclo Manzano.
Acisclo naceu, como el mesmo nos describe, na “esquina das catro rúas” -Barreira, Bailén, Cervantes e das Burgas-, nun edificio proxectado por Daniel Vázquez-Gulías. Ata alí case chegaban os quentes vapores da súa querida Burga de Arriba, onde non poucas veces xogaba cando era neno. Tiña coa fonte e co entorno termal un fondo vínculo sentimental. Sen dúbida por iso non podía crear para o sitio un motivo escultórico no que faltase Calpurnia Abana e, como non, as Ninfas. Alí están todas representadas, a muller galaicorromana e as deusas, no mural de ferro que agora adorna o lugar e que se mimetiza simbolicamente coas nosas fontes máis célebres. Nas propias palabras do xenial escultor, o rostro de Calpurnia emerxe do fondo da escena, pero non soa. Acompáñanna as Ninfas da “Burga” -en singular, como insiste Acisclo-, no preciso momento en que acudiron á chamada desta muller doente que buscou a curación nas augas consagradas polas deusas, que habitan nelas e lle transfiren os seus poderes benfeitores. Porque iso son para el, o creador da escultura, tanto esta que lembra as cualidades sanadoras das fontes da Burga, como a que situou o ano 2005 xunto ás termas das Chavasqueira. A Ninfa do Miño, como el mesmo a chama, co reverente respecto que emana unha figura divina.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Afonso Vázquez-Monxardín
Estramadura, e a decisión do PSOE
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Medir las distancias
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE INVIERNO
Vayan saliendo lentamente de las fiestas
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El extremismo de Vox
Lo último