Opinión

CAMPO DENOMINADO POSÍO

As cidades e vilas son o marco habitual onde se desenrola a vida da inmensa maioría das persoas. Nos países máis desenrolados, entre o 80 e o 90 % da poboación vive nestes lugares. Os parques e zonas verdes independentes: xardíns, parques urbanos, forestais, periurbáns, mailos considerados propiamente como espazos verdes: prazas, illas, glorietas, rotondas, cemiterios, xardinerías fixas e móbiles ou o aliñeado do arborado nas rúas e estradas, estanse a converten nos únicos espazos naturais máis cércanos cara os cidadáns nos que inverte unha grande parte do seu tempo de ocio recreo e lecer; por mor desta causa xurde a relación proporcional entre a superficie urbanizada maila considerada propiamente como zona verde cun resultando proporcional, no caso do aumento desta última, en relación cun bo indicador da calidade de vida.


Un xardín histórico conten un gran poder de evocación totalmente distinto de calquera outro. É un xardín diferente, con personalidade propia, cun contido vivo e actual que a cada paso no seu percorrido ofrece singularidades especiais, tanto ó home coma á muller, na adquisición de coñecemento do seu pasado, ó descubrir a súa verdadeira historia; en definitiva, como se dun libro aberto de consulta se tratase, nos leva a desvelan feitos acontecidos noutras épocas.


O xardín do Posío constitúe unha verdadeira memoria histórica e viva da cidade de Ourense. Varios son os documentos existentes sobre a creación e orixe deste principal parque da cidade das Burgas. De todos eles, quizais sexa o que se describe a continuación, conxuntamente co da Alameda do Concello, o máis fidedigno e histórico dos existentes na capital ourensán.


¿Pero qué se sabe sobre o seu orixe e formación? Un Libro de Actas do Concello de Ourense, de finais do século XVII, pode aclaralo.


Parte do acordo extractado di: 'Ano de mil seiscentos sesenta e seis, se xuntaron no concello los SS Xustiza e Rexento e o licenciado D. Francisco Mata de Mata, correxidor desta cidade. Pola súa Maxestade D. Juan Soto de Villamarín, D. Roque Álvarez, D. Jacinto de Seijas, D. Gaspar Félix de Sotomaior... e todos xuntos acordan a compra da viña que se di do Paraíso extramuros desta cidade, pola cantidade de nove mil douscentos reais de vellón polo mucho que esta cidade se alla curto de saídas y común para o beneficio dos veciños, para que quedase como campo común e de pasto para animais y fermosura da ermida'. (AHPOU. Concello de Ourense. Libro de Acordos nº. 30.)


No mes de febreiro do ano 1676 a instancia do bispo Diego Ros de Medrano (1673-1694) acordou o Concello de Ourense a adquisición dun gran solar situada extramuros da cidade, a carón da 'Porta da Aira' ou 'da Era', noutro tempo ocupado por bosque e viñas, no medio do cal existían dúas pequenas capelas baixo a advocación de san Victorio e da Nosa Señora do Posío, esta última cun cativo cemiterio anexo.


Con posterioridade, o campo serviu como solar para a celebración da feira mensual. Co paso do tempo ambas ermidas foron perdendo importancia ata a chegada do ano 1854 no que a explanación da nova estrada a Castela ocupou definitivamente ambos solares, aínda que, como tal, as citadas capelas xa deixaran de ter culto no transcurso do ano 1844. Mas tarde e a instancia do gobernador Jiménez Cuenca, de común acordo co alcalde Ramón Vaamonde, se acordou a creación dunha nova alameda para o disfrute da cidade aproveitando o espazo anteriormente citado, dotándoa dun orzamento inicial de 30.000 reais de vellón. O día 14 de agosto do ano 1855 ca concesión de 60.000 reais para o mesmo fin acrecentados ca dotación de 10.000 máis aportadas polo bispo, Luís de Lastra y Cuesta (1853-1857), acometeuse a construción do xardín ca incorporación dunha das fontes ornamentais barroca, do século XVIII, arrincadas dun dos claustro do mosteiro de Oseira. Ademais se acompañaba dun busto en mármore, sobre un pedestal, dedicado ó insigne poeta e escritor Valentín Lamas Carbajal.


A distribución como xardín quedou deseñada da seguinte maneira: Na parte superior, coñecida como o bosque, se plantaron moreiras, castaños de indias e acacias de bola. Limítrofe entre a parte central maila superior instalouse o templete de música, afortunadamente conservado na actualidade. A parte central a formaban tres paseos separados por filas de acacias de bola. Na parte baixa ou inferior atopábase dividida en dúas metades separadas por paseos rodeados por palmeiras e parterres de flores ademais de árbores diversos. O día 18 de abril do ano 1860, o Concello de Ourense e varios particulares cederon parte dun solar para a instalación do actual Instituto Ramón Otero Pedrayo, ó mesmo tempo que na parte orientada cara o norte se habilitaba un xardín botánico decorado cun quiosco seudo-chinesco pechado con vidreiras así como unha parcela destinada a xardín botánico para a plantación e aclimatación de diversas especies arbóreas oriúndas de afastados países.


O xardín, tal e como o disfrutamos na actualidade, ten unha extensión superficial comprendida entre os 14.907 e 15.600 metros cadrados, o que resulta moito mais cativo co orixinal. A traveso do tempo sufriu diversas reformas, algunha delas moi desafortunadas, que modificaron substancialmente o primitivo trazado, nembargantes, pese a elo, aínda conserva a división orixinaria dos espacios autóctonos.


Na parte superior, limítrofe ca rúa Fernández Oxea, eliminouse a fonte ornamental co seu posterior traslado á praza de Bispo Cesáreo, sendo ocupado o seu espazo por unha moderna zona de xogos para os máis cativos, acompañado por un pequeno estanque semicircular.


Nesta zona atópanse actualmente diversas variedades de árbores caducifolios: plátanos de sombra, sófora, acacia do Xapón, cedros e pradairos, entre outras variedades.


Nos laterais do espacio correspondente ó paseo central, lousado en pedra e lastro, acompañando á artística pérgola que da acceso á parte baixa do xardín, se atopan exemplares de castañeiros de indias, chopos e oliveiras. Na parte baixa, limítrofe cas rúas de Lugo, Progreso e avenida da Coruña, é onde se atopa a maior concentración vexetal. Se distribúe en dúas zonas separadas por un recto paseo franqueado por grosos exemplares de palmeiras. No tramo situado cara o norte se atopan interesantes exemplares de loureiros portugueses, carballos e tileiros, ademais dun dos símbolos do popular xardín, a alta paxareira, actualmente en mal estado, maila súa veciña fonte circular. Por último no derradeiro tramo, no espacio ocupado polo estanque dos parrulos, abundan as roseiras mesturadas con outras diversas plantas ornamentais.

Te puede interesar