Opinión

CERIMONIAL COÑECIDO COMO 'DESPLANTE'

Abaixa Idade Media en Ourense caracterízase por una serie de tensións entre as diversas fozas emerxentes na cidade: por un lado o Concello, xa consolidado durante o reinado de Alfonso IX, no século XII; os bispos, os señores xurisdicionais, maila propia nobreza. No seno da Igrexa tamén se producen roces, como o acontecido co incendio do convento franciscano, situado no barrio de Cima de Vila, actual praza do Corrixidor, no transcurso do século XV, a cargo dos seguidores do bispo Pedro Yáñez de Novoa (1286-1308). Foron os Reis Católicos os que ca súa política lograron impor a ansiada paz entre os bandos en conflito, tralo nomeamento do cargo de correxidores e rexedores, ámbolos dous encargados de mediar nos conflitos entre a nobreza levántascha, o bispo mailo Concello.


O dominio da cidade de Ourense inicialmente topábase baixo a xurisdición do bispo. Cando no século XII se consolida a institución municipal, se xeneralizan frecuentes trifulcas entre ambos estamentos; un bo exemplo o constitúen as vexacións da soldadesca do prelado, acuartelada no castelo de Coto Ramiro, que exercen sobre os desprotexidos campesiños cercanos á zona, ós que rouban e acoitelan en repetidas ocasións. Por mor desta causa, os representantes do Concello acoden en auxilio do rei en demanda de xustiza. Oídas as xustas reclamacións, este decide a protección da cidade recortando os moitos privilexios e prerrogativas concedidos polos seus predecesores á mitra. A seca Fonte do Rei, situada tralo edificio da Deputación Provincial, é unha das mostras de agradecemento da cidade ó seu real protector, por elo figura o seu símbolo no interior do escudo.


As confrarías e gremios profesionais acadaron singular relevancia na nosa cidade, sobre todo a partir del século XVI, converténdose, co paso dos anos en institucións de grande peso social. A súa presencia era obrigada en todos aqueles actos máis relevantes a celebrar na cidade; así acontecía nas celebracións relixiosas, especialmente no transcurso da Semana Santa ou durante o tempo das festas maiores da cidade, o Corpus Christi, tendo reservado un lugar preferente nestes importantes actos lúdicos ou relixiosos ca prerrogativa de ser os portadores daqueles ornamentos singulares como as andas ou o palio que cubría o Santísimo durante a solemnísima procesión do Corpus.


Cuestión de protocolo ou de prelación, mal entendido ou non respectado, daba lugar a frecuentes altercados. Así o constitúe o acontecido no ano 1648 cando, ó saír da catedral a procesión do Corpus, atopándose presentes os representantes do Concello, por non cederlles o cabido mailo bispo Paíño (1643-1653), por ignorancia ou por esquecemento, as varas do palio ó rexedor, este recriminoulle o feito tomándoas pola forza, en medio dun grande tumulto. Ante o violento feito, o bispo optou por traer outro palio, 'saíndo o sacramento con pouco decoro e sen a asistencia dos fieis'.


Por outra banda, durante o pontificado do bispo Marcelino Siuri (1709-1717), ante o mal estado da igrexa de Santa María Nai, acordou a súa demolición e, baixo o seu exclusivo mecenado, deseñou un novo plano, ensanchando o templo e deixándoo máis grande e esvelto. O edificio actual ergueuse no ano 1717 polo bispo Juan Núñez de la Cueva (1717-1728). Desta época é a grande escalinata barroca pétrea de acceso ó templo. Se sabe que o Concello, debido as malas relacións institucionais entre ambos implicados, non aportou ningunha axuda a citada obra.


O cerimonial coñecido como 'Desplante', escenificado entre os representantes do cabido, bispo, mailos compoñentes da corporación municipal, que se realiza aos pés da escalinata de acceso o templo de Santa María Nai, como final dos actos da Semana Santa ourensán, ten a súa orixe nestes feitos. Co paso do tempo esqueceu na memoria histórica; nembargantes, aínda na actualidade, adquire vixencia plena trala translación procesional da imaxe cara a súa casa o templo de Santa María Nai.

Te puede interesar