Opinión

Diñeiro público de todos

O bo manexo dos cartos públicos denota un san sistema democrático porque demostra o respecto do gobernante co diñeiro alleo. Esto que parece unha parvada non o é si se ten en conta cos gobernantes son meros administradores dun capital que non é seu, do que son só únicamente meros administradores.


Do diñeiro público dicía o ex presidente norteamericano Ronald Reagan: ‘El contribuyente es una persona que trabaja para el Gobierno, pero sin haber hecho las oposiciones a funcionario’. Boa frase que reflicte perfectamente o sentido do contribuínte.


Recentemente estamos a asistir a un desproporcionado e absurdo aumento do gasto público, inxustificable por parte de determinadas autoridades, tanto autonómicas como provinciais ou municipais, á que se suma máis recentemente o director xeral do ente público CRTVG. Numerosos e custosos coches oficiais de gama alta, dotados dos máis sofisticados e modernos sistemas tecnolóxicos; reformas en dependencias autonómicas e despachos oficiais e un longo e escandaloso etcétera. Nos tempos que corren cando a crise se ceba no cidadán de a pé obrigándoo a facer malabarismos na corda frouxa para chegar a fin de mes; cando a situación de desinversión do emprego vai en aumento, en detrimento dos traballadores, é pouco edificante e de auténtico escándalo este despilfarro que ofende á dignidade da función pública, estes feitos realizados por cargos públicos que foron elixidos mediante o sufraxio popular.


Todos somos contribuíntes. Os nosos cartos permiten o sostemento e funcionamento das institucións, tanto do Estado como das comunidades autónomas e concellos. Por elo, cando o seu manexo resulte abusivo, non só descualifica a quen o realiza sinon que, ademáis, dana gravemente o crédito da institución ante a opinión pública. Por eso non vale cos responsables da desfeita acepten o seu erro, forzados pola opinión pública porque, de seguro, será o seu un arrepentimento insincero e falto de credo.


Sentidiño, responsabilidade e bo facer para os políticos nestes tempos de austeridade que nos toca vivir. Se non sabemos ou non queremos facelo ben, o mellor é deixalo e volver para casa.



Te puede interesar