Opinión

ESPACIOS CON PERSONALIDAD PROPIA

Dentro do que se coñece como o enramado viario do antigo casco vello da cidade de Ourense, dende o século XII ata ben entrado o XIX, este se caracterizou pola presencia dunha serie de estreitas e angostas rúas que desembocaban ou entroncaban con outras que remataban en prazas, tal e como, aínda na actualidade se mantén, con poucas variacións, na parte sur da cidade.


O inacabado claustro que comunicaba a igrexa de Santa María Nai ca catedral, solar dunha cativa capela desaparecida de grande devoción popular, baixo a advocación de Santa María Madalena, actual praza do seu nome, foi antano lugar de xuntanza do concello, cemiterio público, ata o século XIX, e praza da venda das legumes. O cadrado recinto cinguido por casas e presidide un cruceiro plateresco, constitúe actualmente un dos espacios máis atraentes e silentes con que conta a cidade das Burgas.


No centro desta fermosa e típica praza, duns 260 m2, se ergue un cruceiro que, no seu día, deu nome á alameda situada moi preto da ponte romana a carón do palacio de xustiza. No base desta pupular oración feita en pedra se lee claramente a seguinte inscrición: 'Para la ciudad se hizo este cruceiro y campo siendo el Correjidor el Licenciado Bernardo Patricio Arce y Obregón. Año de 1718' 1. É ase mesmo moi destacable a presencia de varias tampas sepulcrais asentas no panterre a carón do muro norte da igrexa de Santa María Nai, todas elas atopadas no curso das diversas escavacións arqueolóxicas efectuadas nesta céntrica praza. Nelas se amosan diversos signos lapidarios de carácter gremial medieval que demostran a existencia dunha florecente burguesía artesanal local formada por: xastres, pedreiros, canteiros, carniceiros, etc.


Un xardín é un espacio no que a arquitectura pode xogar un papel secundario como acontece na praza da Madalena, cando os propios frontais das casas que rodean o recinto axardinado serven como elemento protector do verxel. Os muros ou frontais das casas proporcionan intimidade o xardín ó tempo co resgardan da calor no verán co mantemento do frescor que proporcionan as plantas mailos árbores; namentres que en inverno, ocorre o contrario, conservan a calor.


No entorno do perímetro da praza existe un espacio arborado a base de camelias e, pegado a carón da igrexa, varios arrietes arbustivos que serven de soporte a un cativo xardín con coníferas arbustivas.


A carón da anterior, na praza do Trigo ou da Fonte Nova, existe cun cativo espacio axardinado, duns 48 m2. distribuído en socalcos, como consecuencia dos dous niveis existente na praza, que configura tres terrazas tapizadas con arbustos e diversas plantas de follas perennes.

Te puede interesar