Opinión

NOVA PONTE CODESAL

Situada moi preto da confluencia do regato dos Muíños co río Barbaña, no acceso o barrio do Polvorín, se atopa esta pequena ponte que substituíu, no ano 1984, á vella medieval existente neste mesmo lugar. Unha vez desmontada do seu emprazamento por mor do saneamento do canle do Barbaña, trasladouse a Cabeanca, no límite do Concello de Ourense con Amoeiro, situándoa sobre o cativo e descoñecido regato coñecido como do Porto.


Una das características do popular río Barbaña ó seu paso pola cidade das Burgas foi a existencia de varios muíños hidráulicos no seu canle, dada a súa importancia e utilidade de carácter práctico destes elementos, na actualidade considerados como etnográficos, nunha época na que resultaba imprescindible a súa utilización e emprego polos nosos devanceiros.


Se documenta a existencia de tres deles no curso do río Barbaña, ó seu paso pola cidade, que se corresponden no tempo co mandato do bispo Diego Rapado, pontificado comprendido entre os anos 1425-1443.


Consistían basicamente nun pequeno edificio de pedra, situado á beira do río, que aloxaban dúas pedra negras verticais movidas pola forza hidráulica da auga do río, o que permitía a moenda dos graos tanto do millo como de trigo durante nove meses no ano, producindo oitocentos reais de beneficio cada un deles ós seus respectivos propietarios.


O que se atopa moi próximo á Ponte Codesal, restaurado recentemente polo Concello de Ourense, se sitúa no marxe dereito augas abaixo.


A sinxela ponte actual, que comunica a rúa de Ponte Codesal mailo Polvorín, se define como 'ponte de vigas rectas'. As características máis salientables desta pequena obra civil consisten nun pequeno e recto taboleiro circulatorio en ambas direccións, con sendas beirarrúas de un metro, protexidas por varandas de ferro. A lonxitude total do mesmo é de 15 metros, por un ancho de 7. O sustenta un único vano de 11 metros de luz que se alza a unha altura de 3,40 metros en relación co propio canle do río.


Moi preto do anterior, emprazado sobre o regato dos Muíños, no camiño de unión entre o Polvorín, Camiño da Pasarela, rúa do Felo maila Fonte do Bispo, na derradeira unión con Marcelo Macías, se alza unha pequena ponte metálica, de carácter exclusivamente peonil, sen características especiais construtivas dignas de mención.

Te puede interesar