Opinión

Parque Montealegre

Xardín botánico ou Parque de Montealegre son os diferentes nomes con que se coñece este singular espazo verde tan cercano á cidade de Ourense, moi apreciado tanto polos veciños da zona como por todos aqueles que nalgunha ocasión o visitaron.

Foi no decurso do ano 2008 cando encomezouse a estudar a posibilidade de converter o espazo forestal de Montealegre nun referente ambiental para o disfrute da cidade mediante a creación dun singular recinto botánico, tendo en conta a afortunada circunstancia da existencia de máis de 240 especies florais, ao que agregábase o hábitat de 132 especies da fauna. Outra circunstancia sumouse á elección do recinto: as condicións climáticas, hidrolóxicas e edafolóxicas co converten na única zona existente, situada máis ao noroeste da Península Ibérica, cualificada como bosque mediterráneo.

O investimento de máis de 3 millóns de euros entre a adquisición do antigo solar propiedade dos Franciscanos, por un importe de 900.000 euros, e a execución das obras financiadas co Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade e outras diversas circunstancias permitiron transformar este entorno, duns 122.000 metros cadrados máis outros 28.000 de reserva, ambos de singular valor paisaxístico e natural, nun complexo recinto protexido no que primaría tanto o aspecto didáctico como recreativo, ambos unidos entre si mediante itinerarios divulgativos e de natureza. A plantación de máis de 3.000 árbores e arbustos pertencentes á flora mediterránea; 800 exemplares de rebolos, 500 sobreiras, 700 érbedos e 500 acevos, máis 500 doutras especies de arbustos (xestas, xaras e tomiños), todos repartidos polo parque, veuse a sumar á construción dun Centro de Recepción de Visitantes, Interpretación e Investigación, un miradoiro panorámico, unha aula auditorio ao aire libre, diversas zonas para a celebración do magosto ao igual que diversos servizos que completan este novo espazo lúdico natural.

Foi o arquitecto paisaxista e coordinador do equipo redactor do proxecto, José Crespí, acompañado do xefe de servizo da área de Medio Ambiente do Concello de Ourense, Carlos Cárcamo, ao igual que representes da Universidade os redactores do magno proxecto. Planearon un programa integral de restauración paisaxística do entorno consistente na recuperación das masas de vexetación da comunidade vexetal mediterránea espallada por todo o espazo ademais da protección de todos aqueles elementos rochosos singulares existentes no recinto (muros, sebes, etc.) ao igual ca recuperación dos elementos constituíntes da antiga explotación agrícola e gandeira; o aproveitamento para novos usos das antigas instalacións e equipamentos industriais (vellas canteiras e minas de auga); a construción dun miradoiro panorámico a carón do símbolo de Montealegre, a Cruz; a construción dun invernadoiro climático, creación de camiños peonís e pasarelas polo que desenvolvería un itinerario autoguiado ou de acceso á aqueles lugares reservados para a celebración dos tradicionais magostos; a creación dunha zona de aparcamento cunha capacidade para 75 vehículos. Por último un equipamento dixitalizado e informatizado mediante paneis táctiles que guiarían ao visitante ao longo de todo o fermoso percorrido.

Te puede interesar