Opinión

Parque de Santa Teresita

A cidade de Ourense ten unha grande carencia de zonas verdes e espazos dedicados ao esparexemento mailo lecer; por esta circunstancia, cando unha nova zona dedicada o ocio vense a sumar as xa existentes é motivo de alegría e gozo para todos os cidadáns, sobre todo para todos aqueles que habitan cerca do lugar.

O parque de Santa Teresita, situado no populoso barrio do Vinteún, ocupa un antigo terreo privado catalogado como área de reparto a partir do plan urbanístico do ano 1996. Naceu como compensación ao Concello de Ourense tendente ás futuras creacións e promocións urbanísticas nesta zona, co obxecto da facela máis atractiva cara á futura edificación tan necesaria nos tempos que descorren para a revitalización construtiva da cidade. A nova superficie verde, duns 6.300 metros cadrados, atopase rodeada polas rúas de Alejandro Pedrosa, Santa Teresita e tamén polas dos ríos Xares, Bubal e Limia. Dous son os accesos peonís con que conta este recinto: un dende as rúas río Xares e Búbal e outro a traveso de Alejandro Pedrosa e río Limia.

O espazo se atopa dividido entre diferentes terreos contando cunha área verde na que se asenta, a lo menos, a nada desprezable cantidade de 78 diferentes especies de árbores, do mesmo xeito que 138 arbustos pertencentes a sete especies. Igualmente conta cun imprescindible elemento sempre presente neste tipo de recinto: o parque infantil con base acolchada en evitación de golpes, perfectamente adaptado a todas as idades comprendidas entre os usuarios máis cativos, contendo diversos e variados xogos adaptados as necesidades reais dos seus verdadeiros usuarios: os nenos, destacando entre eles unha torre temática, unha esfera, ademais dos clásicos bambáns ao que se suma diversos xogos denominados de balancín. Sen esquecera zona biosaludable dotado con máquinas fomentadores da mobilidade que conta orixinal diábolo e diversos elementos recreativos denominados xogos de rotación: barras, timón, volante, etc. Unha pista deportiva para a práctica do fútbol máis o baloncesto, ademais dun pequeno campo de xogo da chave completan o recinto deportivo.

Un camiño peonil de cemento permite o acceso a toda clase de vehículos de emerxencia. Conta igualmente con diverso mobiliario urbano formado por mesas de pedra e bancos ademais dunha pía bebedoiro ao que complementa o necesario e imprescindible alumeado que realza aínda máis, sobre todo polas noites este novo espazo verde, que ven a completar a oferta lúdica e deportiva do lugar. Resulta singularmente orixinal o “Toile Kam” con dispensador de recollida de excrementos Entre os elementos integrantes da nova colonia vexetal figuran coñecidos exemplares agrupadas dentro das comunidades arbóreas tanto dos perennifolios como dos caducifolios. 
O parque, que supuxo para as arcas municipais un custo de 661.041 euros, inaugurouno o alcalde Agustín Fernández Gallego, acompañado de varios concelleiros, o día 20 de setembro do ano 2014.

Te puede interesar