Opinión

PASARELA DESEMBOCADURA RÍO BARBAÑA

Lenda, fantasía o devoción popular; así se pode encadrar o lugar de nacemento do río Barbaña. Segundo a documentada información recollida pacientemente pola doutora Marita Souto Figueroa, o sitúa ó pe da ermida da Concepción, desaparecendo axiña, para volver a aparecer nunha cativa charca ou mina situada no pobo de San Cristovo, pertencente o Concello de Paderne de Allariz. Unha vez atravesadas as terras deste concello, se interna en Taboadela e, tras pasar por San Cibrao das Viñas e Ourense, entrega mainamente as súas augas, a carón do Pavillón, no vello río Miño.


A súa rede fluvial a compoñen varios afluentes: Cerdeiriño, en Paderne, mailos arroios de San Bieito e Reboredo, ambos pertencentes ao concello de San Cibrao das Viñas, e xa en Ourense, no Polvorín, na Sila, se atopa co dos Muíños, mal denominado Barbañica, provinte este último do concello da Merca, que pasa por Barbadás e San Cibrao das Viñas.


A desembocadura do Barbaña modificouse trala explanación e construcción do Pavillón Municipal de Deportes maila canalización do propio río, o que evitou as antigas e temible enchentes que no pasado tan dramáticas consecuencias tiveron para a cidade de Ourense.


Trala supresión e modificación do trazado da estrada N-120 ó seu paso por Ourense capital, ca posta en servicio dun vial substitutivo coñecido como avenida da Ribeira Sacra, cumpriu a ergueita dun cativo ponte peonil sobre o Barbaña a carón da súa desembocadura.


A ponte reúne as características das denominadas pasarelas peonís, esto é, unha estructura moi sinxela que só permite ó paso de peóns. O acceso á ponte polo marxe esquerdo do río Barbaña se efectúa a traveso dunha beirarrúa que ten o seu inicio no Pavillón dos Remedios. A dobre pasarela sostida por dezaoito columnas permite a comunicación en ambos sentidos entre a avenida da Ribeira Sacra, Pardo de Cela, mailo propio Ponte do Milenio. Ambos taboleiros metálicos de paso, dunha extensión de 27 metros por un ancho de tres, se atopan protexidos por sendas varandas de un metro, voando o máis baixo a unha altura de 10 metros sobre o nivel das augas.

Te puede interesar