Opinión

PASARELA NA DESEMBOCADURA DO LOÑA

Aprovincia de Ourense é a única de Galicia que non posúe mar. Por contra, dispón de máis de douscentos quilómetros nos que a auga doce é a grande protagonista.


Rica en variedade de espacios e recursos naturais, a nosa provincia ten un grande atractivo turístico de primeira orde; así, ante un paseniño camiñante se ofrecen lugares de inigualable beleza cheos de relax, sobre todo naquelas zonas que cinguen os innumerables ríos e regatos tan abundantes e cheos de vida propia que nos rodean.


Conscientes da necesidade de sanear e recupera todas aquelas zonas máis degradadas da nosa provincia, por parte do Ministerio de Medio Ambiente, a Xunta de Galicia, a Deputación provincial mailo propio Concello de Ourense, co apoio do Fondo Europeo de Desarrollo Regional (Feder), a traveso de Confederación Hidrográfica do Miño-Sil tense levado a cabo diversas actuacións tendentes a mellorar o noso entorno municipal. Unha delas a constituíu as melloras efectuadas na marxe dereita do río Loña, ca rehabilitación dun degradado parque natural e co acondicionamento de mil cincocentos metros de sendeiros; a posta ó día da antigas instalacións do bombeo do río Miño; posta en servicio da caseta destinada a 'Sistema automático de información hidrológica', ademais do tendido dunha nova ponte peonil sobre o Loña.


A pasarela que avanta sobre a desembocadura do Loña, a carón da ponte trazado augas arriba na N-120, na entrega das súas augas no Miño, constitúe, de igual xeito ca cercana irmá de Oira, una pequena pero atractiva estructura atirantada encadrada arquitectonicamente no tipo denominado de estructura colgante, mediante a sustentación principal exercida por doce tirantes de aceiro distribuídos a ambos lados do taboleiro de paso, todos eles suxeitos ou cosidos a sensos mastros inclinados. O taboleiro de paso, en formigón, protexido por sendas varandas enreixadas de 1,10 metros de altura, ten unha lonxitude total de 200 metros, cun ancho de 2,80, e se atopa perfectamente deseñado e acondicionado para o paso exclusivo de peóns.


Ca posta en servicio das catro pasarelas se completa o circuíto de paseo por ambas ribeiras do río Miño, entre Oira máis Outariz, permitindo adaptar o paseo a cada unha das preferencia dos camiñantes.

Te puede interesar