Opinión

Paseo do Barbaña

Ecoloxía é a ciencia que estuda as interrelacións dos diferentes seres vivos co seu entorno natural, ou tamén defínese como o estudo dos diversos sistemas de moitos organismos en relación co ambiente no que viven. Relacionado co anterior está o concepto de ecosistema, particularmente fundamental na hora de comprender o funcionamento da natureza ademais de diversas cuestións ambientais.

Lendas, fantasía ou devoción popular... neste senso poderíamos encadrar o lugar de nacemento do río Barbaña, principal afluente do Miño. Recorrendo á documentada información aportada pola doutora María G. Souto Figueroa, o sitúa ao pé da ermida da Concepción, desaparecendo axiña para volver a aparecer nunha cativa charca ou mina situada no pobo de San Cristovo, pertencente ao Concello de Paderne de Allariz e, tras atravesar polo Concello de San Cibrao das Viñas e Ourense, entrega as súas augas no río Miño, a carón da Ponte do Milenio.

A preocupación pola ecoloxía e a mellora dos ecosistemas fluviais existentes na bisbarra de Ourense, de xeito concreto nos canles dos ríos Loña, Barbaña e Miño, levou de modo conxunto ao Concello de Ourense e a Confederación Hidrográfica do Miño Sil, ao planeamento do saneamento destas tres importantes cuncas fluviais tendentes a unha mellora na calidade de vida das súas augas así como á creación de paseos peonís por ambas ribeiras.

O paseo peonil existente no Barbaña, dentro do Concello de Ourense, augas abaixo do seu curso, ten o seu inicio a carón da ponte da rúa da Presa; nome derivado da existencia dunha antiga presa utilizada, noutro tempo, con fines industriais para o desvío da auga cara á cercana Finca Sevilla. Tamén coincidente ca traseira do centro comercial Eroski existe unha pasarela peonil que comunica ambas marxes do río. Na Finca Sevilla continúa o paseo seguindo o curso do río por ambas marxes ata a chegada á ponte da rúa da Ermida.

A Horta Educativa do Concello de Ourense, situada xunto ao denominado Parque da Vida, constitúe unha interesante achega para todos os ourensáns ao permitir o mantemento dunha horta urbana sostible cun amplo intercambio de coñecementos e experiencias interxeneracionais; así tomates, verzas, leitugas entre outras leguminosas son algúns dos produtos vexetais que pódense atopar nesta finca duns 2.000 metros cadrados de superficie.

O Xardín da Metamorfose ou do lixo, situado preto da nova ponte que comunica a rúa Manuel Murguía e mais o Polvorín, é unha importante achega ao cidadán tendente a unha xusta valoración do reciclaxe tan necesario nesta época de despilfarro de desfeitos.

A existencia de tres muíños no curso do Barbaña ao seu paso pola cidade demostra a importancia, noutro tempo, desta importante actividade económica relaciona ca alimentación, fundamentalmente durante o século XV. Unha vez pasado baixo a alta ponte de Marcelo Macías, a ámbolos marxes do río continúa o paseo peonil, tras deixar atrás unha imporante zona verde baixo o seu signo identificador, a alta cheminea do futuro Centro de Coñecemento para o Desenrolo e Desenvolvemento de Proxectos relacionados cas Novas Tecnoloxías. O último curso do Barbaña efectúase encaixado entre a traseira da Alameda do Concello e máis o Parque Barbaña, ambos comunicados por a la alta pasarela peonil, continuando baixo a Ponte de Ervedelo, Parque Avilés de Taramanco e o cercano Ponte Lebrona para morrer no vello Miño a carón do Pavillón Municipal de Deportes.

Te puede interesar