Opinión

PEQUENO ESPAZO NA BARREIRA

O s xardíns que adornan e decoran as nosas cidades son o resultado dun coidadoso e longo proceso saído da man dun nutrido equipo de profesionais: arquitectos, enxeñeiros técnicos agrícolas, xardineiros ou funcionarios municipais especialmente interesados no tema que crearon e están a crear eses espazos tan singulares que existen tanto en vilas como en cidades. Cada un deles ou todos en conxunto son os que planifican, deseñan, trazan e, en definitiva, elaboran estes pulmóns verdes tan necesarios para o vida san dos cidadáns, do mesmo xeito que se encargan da súa conservación e posterior mantemento.


O cativo recinto axardinado situado a carón da encostada rúa da Barreira cara a praza Maior ocupa un alongado solar ó longo da rúa da Barreira polo marxe dereito.


Falar do xardín implica coñecer a orixe desta vella rúa situada en pleno casco vello da cidade. Por elo cumpre remontarse ó século XVI, cando neste mesmo lugar se desenrolaba a venda diaria do pescado, o centeo mailo millo. Por outra banda, como lugar de grande concorrencia existían diversas fondas e fogóns moi concorridas especializadas na degustación dos nosos produtos autóctonos, sobre todo do popular polbo. Desta circunstancia xurde o nome de rúa da 'Pixotaría' que conservaría ata ben entrado o século XVI.


A grande e pétreo edificio, situado a carón do xardín, no século XVI, era propiedade do bispo da cidade, que o utilizaba como cárcere de cregos; sendo posteriormente ocupado, tralo famoso e longo preito do Curral do Bispo, polo Concello de Ourense que, nos anos setenta do século pasado, o destinou a diversos dependencias: depósito de motos da Policía Local, sinalización viaria, arquivo municipal e departamento de mecanización, fontanería, limpeza, etc.


O espazo actual ocupado polo xardín ten unha extensión duns 175 metros cadrados. O seu deseño foi froito da paciente labor do funcionario do concello José Manuel Corbal, no ano 1995. O espacio se define como un xardín de carácter formal afrancesado. As volutas de mirto, tan características dos xardíns do Renacemento, forman debuxos abertos entre os que se entremezclan roseiras, camelias, buxos, mesturados con acevos e loureiros, entre outras especies. A parte monumental o constitúe a monumento conmemorativo dedicado á memoria de Alexandre Bóveda, vilmente asasinado nas aforas de Pontevedra no comezos da guerra civil española. Tamén constitúe un elemento identificador do recinto a redonda e pétrea pía bautismal románica provinte do pobo de Tosende, pertencente o Concello de Baltar.

Te puede interesar