Opinión

PONTE DIFERENTE

Orío Miño, dende sempre, foi un dos eixes vertebradores da cidade de Ourense. A comunicación entre ambas marxes, antigamente moi restrinxida, na actualidade resulta áxil e moderna gracias ao trazado de seis fermosas pontes que permiten un doado paso, tanto de vehículos como de peóns, entre ambas ribeiras. A ponte do Ribeiriño, Caldas ou 'Novísimo', construído augas abaixo da Ponte Vella, a carón do Milenio, constituíu unha importante achega aportada polos Accesos a Galicia, no ano 1969, cara a nosa comunidade cando o Goberno central de Madrid, ante a urxente necesidade dunha mellor comunicación ca meseta, acometeu o planeamento e realización dunha nova comunicación viaria máis acorde cos novos tempos.


No ano 1961, o enxeñeiro de camiños José Antonio Puyal Lezcano redactou o proxecto dunha nova ponte que unise ambas marxes do río Miño, tentando liberar así do pesado tráfico que estaba a soportar, dende o ano 1918, a ponte Nova. Rematada a obra no ano 1966, non prestou o servicio ata 1971, pola falta de acceso á mesma.


A longa construcción, feita totalmente en formigón, ten unha lonxitude aproximada duns 235 metros, sendo a súa lonxitude total, contando os accesos, duns 2.280 metros. A altura, en ambos e xemelos vanos centrais tendidos sobre o nivel normal do río, é de sesenta metros, repartíndose o resto entre oito laterais; de xeito concreto, seis situados na marxe esquerda e dous na dereita, todos eles apoiados e sostidos sobre grosos piares rectangulares.


O taboleiro de paso ten unha anchura de 16 metros, repartidos entre dous carrís dobres de circulación de vehículos en ambos sentidos, separados por unha medianeira á que se suman sendas beirarrúas peonís a ambos lados. O custo total da obra roldou a cantidade de 88.000.000 das antigas pesetas, o equivalente actual a 528.890 euros.

Te puede interesar