Opinión

PONTE DO VAL

Asentado no pobo de Alén, pertencente á parroquia de Santa Cruz de Arrabaldo, situado no punto quilométrico 580 do antigo trazado da estrada Nacional 120, de Ourense a Vigo, atopamos esta antiga construción civil viaria ergueita sobre o pequeno regato do Val que entrega mainamente as súas augas no cércano pai dos mil ríos galegos, o Miño. Contén todos aqueles constituíntes básicos fundamentais en este tipo de obra de fábrica: o arco ou bóveda, mailo recheo. O primeiro é o elemento resistente por excelencia, e o segundo ten como misión principal a de proporcionar a altura de terra necesaria para permitir o desenrolo da calzada pola que descorre o tráfico rodado ou peonil.


Na ponte do Val, construído en cadeira almofada, o arco de sustentación materialízase mediante o emprego de material pétreo, colocado a modo de cuña dende o seu arranque no estribo, tendo o seu centro de unión no punto máis elevado do arco, a clave. A parede da pechina a forma un conglomerado de perpiaños graníticos, de forma irregular, que remata nun rectangular e descontinuo petril de protección da propia estada.


A característica máis destacable da obra a constitúe o seu único arco de medio punto, sendo a súa altura de 7,9 metros, ó que se suman os 4,8 do petril, o que da unha distancia total de 12,7 metros sobre a canle do río. A separación entre os petriles é duns 45 centímetros, que, tendidos en ambas beiras, protexen a peraltada estrada cara a Vigo e Ourense, cunha lonxitude duns 84 metros por un ancho de 9,60.


A vella ponte, hoxe en desuso, salvo para os veciños da zona, trala rectificación da vella calzada, perdeu a súa función principal, motivo do seu paulatino abandono.


Augas arriba do citado regato, moi preto da ponte anterior, érguese outra máis antiga, aínda que as súas características técnicas sexan máis sinxelas. O rodea unha paisaxe moi vizosa, pese a seu evidente abandono. Como comentan os veciños, con pouco facer, poderíase habilitar como zona de ocio e lecer.

Te puede interesar