Opinión

PONTE DE ERVEDELO

Pretendendo facer unha descrición o máis axeitada á realidade da ponte existente nos inicios da rúa de Ervedelo o seu paso sobre o río Barbaña se ten a obriga de remontarse o primitivo ponte trazado neste mesmo lugar sobre o canle do río.


Da ponte Pedriña (pons Petrina) ponte de pedra, existen referencias documentais dende o ano 1200, ou sexa do século XIII. Se situaba aproximadamente nos terreos ocupados pola ponte actual ata a súa desaparición nunha das frecuentes riadas do río Barbaña, sendo substituído por outro, composto dun só arco lixeiramente apuntado, cunha rasante superior horizontal, de parecidas características o medieval existente actualmente no canle do río Loña.


No ano 1887, neste mesmo punto, ergueuse outro sostido por un arco de medio punto, en pedra provinte das canteiras de Guizamonde, cunha luz de once metros que, con poucos cambios, chegaría aproximadamente, ata os mediados do século XX no que se desmantelou para edificar no seu lugar o actual.


O existente actualmente permite salvar a bagoada do canle o mesmo nivel da estrada autonómica 402 que une a capital das Burgas con Cortegada. A ponte de lousa dispón de tres vanos con dous nervios lonxitudinais apoiados sobre piares, de fuste único, en forma de Y sobre estribos pechados con muros en volta. O recto taboleiro circulatorio, construído en formigón estructural, ten unha lonxitude total de 49´60 metros sendo o seu ancho de 11´78 metros repartidos entre o propio ancho da rúa 6´10 m, 3´13 da beirarrúa dereita e 2´55 da esquerda. O número de carrís circulatorios en un só sentido é de dous.


A iluminación nocturna a aporta oito luminarias, a carón das beirarrúas, de tipo globo, dunha potencia de 150 W. traballando a unha tensión eléctrica de 220 voltios.

Te puede interesar