Opinión

PONTE LOÑA

Non é estraña en Galicia a forte pegada dos vellos cultos pagáns relacionados ca presencia da auga por ser a nosa terra posuidora de máis de mil ríos. Bormánico, Edovio, Navia, Auregia, Reve mailas ninfas son os nomes con que se designaba a moitas das divindades acochadas no interior tanto de ríos como lagos ou fontes termais espalladas por toda Galicia. Moitas son as lendas existes sobre estes seres misteriosos que vivían e viven no interior das augas, asemade da súa influencia, positiva ou negativa, no descorrer diario na vida dos seres humanos. Por outra banda, os nosos devanceiros os celtas aproveitaron as vellas crenzas para asustar os seus inimigos.


De todos é coñecida a fabulosas lenda do 'esquecemento' da memoria de todo aquel ousado que se atrevese a cruzar o río Limia e a férrea determinación e exemplo do xeneral romano Décimo Xuno Bruto que, co seu paso, animou os seus soldados. De todas estas circunstancias xurdiu o medo dos nosos antepasados ante a ergueita de toda clase de pontes ou pasais para atravesar as correntes de auga, ao considerar que tal feito constituía un grande sacrilexio ante os deuses moradores das augas.


O popular río Loña ten o seu nacemento na alta serra de Santa Cruz de Rubiacós, pertencente o Concello de Nogueira de Ramuín. O longo do seu curto pero activo trazado recibe varios e pequenos afluentes atravesados por cativos pasais, poldras e pontes, sendo tal vez o máis coñecido entre todos eles o denominado Ponte Loña, situado no camiño antigo que une Ourense cos Peares.


A referencia más antiga sobre o mesmo a aporta un documento datado no ano 1238, no que se menciona como fito delimitador dunhas viñas próximas; nembargantes, por diversos signos asemade de varias circunstancias particulares e técnicas, suxire a existencia dunha construcción anterior, quizais de finais do século XII, que a súa vez substituíu, con toda probabilidade, a una obra anterior de orixe romano. As súas modestas dimensións é o que fai atractiva a súa estructura, que destaca pola sinxeleza das súas formas. Un só amplo arco oxival, de 12,87 metros de luz, lixeiramente apuntado, condiciona o seu perfil alombado; se acompaña de ambos muros de protección. Por riba discorre o trazado dunha estreita calzada duns 3,60 metros de ancho, que permite o paso exclusivo de peóns.


No ano 1969, tralo abandono pola construcción da nova e cércana ponte augas abaixo, o Concello de Ourense efectuou pequenas obras tendentes á súa consolidación. No transcurso do 1988 o departamento de Patrimonio Documental de Galicia efectuou a completa remodelación da vella ponte, vendo a incrementar o seu valor a presencia de importantes achados atopados na súa proximidade.

Te puede interesar