Opinión

PONTE DE MARCELO MACÍAS

A configuración da cidade das Burgas estivo condicionada dende sempre pola presencia de diversos cursos fluviais ó seu paso a través da capital. As beiras do río Miño, Loña mailo Barbaña, foron lugares do primitivo asentamento da futura urbe ourensá.

Ó longo do século XX executáronse varias pontes tendentes a salvar estes canles, así como para mellorar a comunicación entre os diversos barrios nacentes da cidade; co trazado das pontes de Ervedelo e Marcelo Macías, ambas situadas sobre o río Barbaña, comunicouse, a por aquelas iníciente barriada industrial do Couto maila Carballeira, esta última na saída da capital cara a vila de Celanova.

A longa ponte de Marcelo Macías, emprazada na estrada autonómica OU-540, actualmente un dos accesos máis saturados do tráfico rodado, tanto de entrada como saída á cidade, veu substituír, no ano 1965, a outra anterior, situada no mesmo lugar do emprazamento da actual.

A estructura viaria circulatoria e peonil se compón de lousas sostida por catorce vanos con dous nervios lonxitudinais apoiados sobre doce piares, de fuste único, 0,95 x 1,60 metros cadrados, con forma xeométrica en Y, tendo o seu remate sobre sensos estribos pechados con muros en volta. O material do longo e recto taboleiro é de lousa, cunha lonxitude total de 171,80 metros, construído en formigón estrutural. O ancho total da calzada é de 12,10 metros, repartidos entre ambas beirarrúas, dun ancho de dous metros cada unha, maila calzada de 8,10 metros, dividida en tres carrís circulatorios: dous en sentido de saída e outro de entrada cara á cidade. A cimentación que salva a bagoada do Barbaña mailo seu entorno non é visible.

A iluminación de seguridade viaria a compón un total de 34 puntos de luz repartidos ó longo da ponte. Son de luminaria tipo globo con lámpadas de vapor de sodio, dunha potencia de 100 W, de alta presión, traballando a unha tensión de 220-230 voltios.

Te puede interesar